Tuesday 17 de September de 2024

O Festival Noroeste Estrella Galicia dá o pistoletazo de saída á súa 37ª edición, a máis extensa ata a data 


As artes escénicas estréanse no festival cos espazos “Noroestiño” e “Contos ao Noroeste” con quince espectáculos diferentes 

Vero Rilo e Luis Iglesias, xunto a Avelino González, serán os protagonistas da xornada inaugural 

A partir do mércores 7 comezan os concertos nos escenarios da cidade, con Xoel López, Crystal Fighters ou Vetusta Morla na praia de Riazor 

Mañá, luns 5 de agosto, A Coruña prepárase para abrir a 37ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia cun programa que abarca música e artes escénicas, consolidándose como un dos eventos máis agardados do ano en Galicia. O Goberno de Inés Rey reforza así o liderado do Festival Noroeste Estrella Galicia como evento cultural de referencia no noroeste peninsular. 

Nesta edición o festival dá un paso adiante ao incorporar as artes escénicas con estreas destacadas nas súas dúas liñas programáticas:, “Noroestiño” e “Contos ao Noroeste”, sendo precisamente esta disciplina a protagonista da súa primeira xornada. 

Vero Rilo e Luis Iglesias abrirán o Noroestiño mañá, luns 5 de agosto, na Praza de Vigo ás 19.00 horas co espectáculo CACHO ANIMALADA!. Unha sesión de narración oral e música para público infantil e as súas familias. A narradora Vero Rilo acompáñase desta vez da guitarra, da voz (e outros trebellos) do multifacético Luis Iglesias. 

Paralelamente, Avelino González actuará nos Xardíns de Méndez Núñez ás 19.00 horas para abrir os Contos ao Noroeste cun espectáculo baseado en historias de amor. O polifacético Avelino González sorprenderá cunha novidosa proposta de narración oral, teatro, audiovisual e humor no que mistura o vello co novo para falar de amor. 

Ambos espectáculos son de balde e abertos a todos os públicos. 

Programación completa do Festival Noroeste Estrella Galicia por localizacións, días e horas A partir do mércores comezan os concertos nos diferentes escenarios repartidos pola cidade. Mércores 7 – Diferentes localizacións 

13.00 h – Hormigonera (Campo da Leña) 

14.00 h – Travis Birds (Praza da Azcárraga) 

19.30 h – Leticia Rey Quintet (Castelo de San Antón) 

20.00 h – Patax (Praza da Azcárraga) 

20.30 h – Tiburona (Campo da Leña) 

21:00h – Martin Kohlstedt (Castelo de San Antón) 

21.00 h – Lura (Santa Margarida) 

22.00 h – Zënzar (Campo da Leña) 

22.00 h – Ife Ogunjobi (Praza da Azcárraga) 

22.45 h – Salif Keita (Santa Margarida) 

23.30 h – Meu (Campo da Leña) 

00.00 h – Terrae (Santa Margarida) 

00.30 h – Martha High (Praza da Azcárraga) 

Xoves 8 – Diferentes localizacións 

13.00 h – Lemot (Campo da Leña) 

14.00 h – Garufa Blue Devils Big Band (Praza da Azcárraga) 

19.30 h – Trío da Kali (Castelo de San Antón) 

20.00 h – Virgina Red (Praza da Azcárraga) 

20.30 h – Zalomon Grass (Campo da Leña) 

21.00 h – Lapido (Castelo de San Antón) 

  1. 00 h – Caamaño&Ameixeiras (Santa Margarida)

22.00 h – Kamikaze Helmets (Campo da Leña) 

22.30 h – Imägo (Praza da Azcárraga) 

22.45 h – Bcuc (Santa Margarida) 

23.30 h – Repion (Campo da Leña) 

00.30 h – Chambao (Santa Margarida) 

00.30 h – Soul Teller (Praza da Azcárraga) 

Venres 9 – Praia de Riazor 

21.15 h – Fillas de Cassandra 

22.30 h – Xoel López 

00.30 h – Crystal Fighters 

Sábado 10 – Praia de Riazor 

21.00 h – Triángulo de Amor Bizarro 

23.00 h – Vetusta Morla 

01.00 h – The Rapants 

CONTOS AO NOROESTE 

Programación de balde 

AVELINO GONZÁLEZ (5 agosto, 19.00 h – Praza de Vigo) 

ROI DA COSTA (6 agosto, 19.00 h – Praza do Humor) 

BEA CAMPOS (7 agosto, 19.00 h – Praza das Bárbaras) 

PEPO SUEVOS (8 agosto, 19.00 h – Praza de Pontevedra) 

ATENEA GARCÍA (9 agosto, 19.00 h – Praza de Vigo) 

LETI DA TABERNA (10 agosto, 13.00 h – Praza do Humor) 

CELSO SANMARTÍN (10 agosto, 19.00 h – Praza do Humor) 

MARITA MARTÍNEZ (11 agosto, 13.00 h, Praza de Pontevedra) 

XOSÉ A. TOURIÑÁN, CARLOS BLANCO, DAVID PERDOMO, LUCÍA VEIGA Domingo 11 agosto – 20.00 h – Parque de Santa Margarita 

Entradas á venda aquí. 

NOROESTIÑO 

VERO RILO E LUIS IGLESIAS – 5 agosto 

CÉ ORQUESTRA PANTASMA – 6 agosto 

PACO CERDEIRA – 7 agosto 

PACO NOGUEIRAS – 8 agosto 

OS MONFIATES – 9 agosto 

FRAN AMIL – 10 agosto 

Programación de balde orientado público infantil, todos os días a partir das 19.00 horas nos Xardíns de Méndez Núñez.